mércores, 7 de marzo de 2018

Renata.


Renata é a mascota da nosa biblioteca.
Este ano, xunto co EDLG (Equipo de Dinamización de Lingua Galega), propuxémonos dinamizar dun xeito máis lúdico e global o uso e coñecemento da nosa lingua. Así Renata, a través dunhas cartas, solicita axuda a todos/as os/as nenos e nenas do cole, ben para saber o significado dalgunha palabra, recompilar refráns ou ditos, coñecer costumes típicas da zona,...
As respostas a estas cartas, son depositadas na caixa de correos de Renata, sita no corredor que hai fronte a biblioteca.

O EDLG, encárgase de que todas as achegas feitas polos/as nenos/as sexan expostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario